Wednesday 15 de May de 2024

Touro premia ás mellores imaxes e aos mellores fotógrafos no XII Concurso Fotográfico ‘Touro en Imaxes’


 

O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, entregou fai un días na Casa da Cultura de Touro os premios aos gañadores do XII Concurso Fotográfico ‘Touro en Imaxes’. O rexedor agradeceu participación e destacou a calidade das obras fotográficas participantes na convocatoria deste ano. A categoría xuvenil-natureza foi para Laura López Cea, coa obra Luz de outono. Recibiu unha cámara de acción deportiva. Nas categorías de adultos os gañadores: José López Pérez, (Premio Patrimonio), con Néboa na ponte; e Luis María Alonso Jiménez (Premio Natureza), con A vixía dos grelos. Na entrega de premios (300 euros para o adultos) tamén participaron as concelleiras de Educación, María Victoria Pazos, e de Deportes, Adela Iglesias, e os concelleiros do BNG, Xoán Antón Louzao, e do PSOE, Gemma Verónica López de Fuentes. O Concello de Touro organiza unha exposición na Casa da Cultura coas obras premiadas e tamén o resto de obras participantes no concurso de fotografía, que recibieron o seu diploma de participación. O alcalde animou aos participantes a volver a presentarse nas próximas edicións dun concurso xa consolidado.